Thursday 09 de May de 2024

Retomadas as obras para aperturar un vial con dous carrís e beirarrúas entre o cemiterio de Riveira e o lugar de Fafián


Operarios da empresa Canarga xa están a traballar na zona

O Concello de Riveira informa de que esta mesma semana foron retomadas as obras dirixidas á apertura dun vial entre o lugar de Fafián e a rúa Cristóbal Colón á altura do cemiterio municipal de Riveira.

Como é sabido, o desenvolvemento desta actuación quedara paralizada na pasada primavera como consecuencia da defunción en marzo do propietario e administrador único da empresa que as estaba a realizar. De resultas disto, o Concello veuse na obriga de rescindir o contrato e proceder a convocar un novo concurso, no que a empresa Carnarga S.L. resultou a empresa adxudicataria, cunha oferta de 142.000 euros. O prazo de execución son dous meses.

A actuación está dirixida a urbanizar este entorno a través dunha vía con dous carrís de circulación e beirarrúas en ambos marxes, ademais de dotalo de servizos urbanos.

No que respecta á pavimentación da calzada, o firme estará formado por unha capa de bituminosa sobre base de zahorra artificial. As beirarrúas terán unha anchura de 1,50 metros.

Servizos
En canto aos servizos, o vial contará cunha nova liña de abastecemento consistente nunha tubaxe de fundición dúctil de 95 metros de longo e 150 milímetros de diámetro; para o saneamento disporase unha tubaxe de PVC compacto de 118 metros de longo e 315 milímetros de diámetro; e en canto á pluviais haberá unha tubaxe de PVC corrugado de 118 metros e 315 milímetros de diámetro.

Por outra parte, dotarase á zona de cinco novos puntos de luz e unha liña de alumeado de 90 metros.